Comarcas Vigo al minuto

O Concello de Ponteareas asina o inicio da obra da nave de ‘Aceros del Tea’

O inmoble, en estado de abandono, está catalogado como patrimonio industrial

O Concello de Ponteareas asina o inicio da obra da nave de 'Aceros del Tea'

O proxecto de remodelación da nave de Aceros del Tea e a súa adecuación para uso municipal deu un paso máis, logo da sinatura da acta de inicio da obra entre o Concello de Ponteareas e a empresa adxudicataria,Prace Servicio y Obras SL. Este trámite, logo de que lograr a titularidade municipal, adianta o inicio dos traballos para fecer realidade este proxecto.

Elemento arquitectónico catalogado

Asi, segundo consta na acta, que recolle as motivacións do propio concello, a “finalidade (desta actuación é) protexer e poñer en valor un elemento arquitectónico catalogado como patrimonio industrial, en desuso e en estado de degradación, e contribuír á rehabilitación e transformación do casco urbano da vila, así como ao incremento do
turismo como consecuencia do atractivo resultante da intervención”
. Con este obxectivo, iníciase a transformación da antiga nave, mantendo o seu aspecto exterior.

A empresa adxudicataria iniciará á maior brevidade os traballos topográficos e de acondicionamento interior da nave; redactará o proxecto de rehabilitación e de execución; a propia rehabilitación así como actuacións específicas para promocionar a intervención grazas á aportación dos fondos comunitarios FEDER, «e contando coa participación activa da cidadanía». A inversión total para estes traballos ascende a 720.000€.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.