Destacados Vigo al minuto

O BNG de Vigo emenda as “becas Ayuso” de Caballero para libros de texto

Pide que se asignen en función dos ingresos das familias

Vigo devuelve más de 1 millón de euros de ayudas europeas destinadas al Mercado de Teis y al 'Amazón Vigués'

O Bloque Nacionalista Galego formalizou hoxe a súa emenda parcial á proposta de modificación orzamentaria coa que o Goberno municipal de Vigo pretende mobilizar case 6 millóns de euros de remanentes para as axudas extraordinarias para libros de texto.

Así, o BNG rexeita que todos os alumnos e alumnas cobren 205€, sexan cales sexan os ingresos das súas familias e demandan que as axudas se asignen de maneira progresiva en función dos ingresos. Nesta liña, o Bloque pide que se exclúan os fogares con ingresos por acima do triplo do Salario Mínimo -SMI- (3.780€ brutos ao mes ou 45.360€ ao ano en 14 pagas) e que se dediquen só aos estudiantes matriculados en centros educativos públicos.

‘Caballero e Ayuso’

O Portavoz municipal do BNG acusou o Goberno de Abel Caballero de seguir instalado no “populismo fiscal”.Poucos días despois de rexeitaren as 63 emendas do BNG ás ordenanzas fiscais, para que quen menos ten pague menos, agora Caballero insiste en volver importar o ‘cheque Ayuso’ para libros de texto, explica.

Xabier P. Igrexas sinala que, con esta emenda, “o que queremos é corrixir esa perspectiva populista, demagóxica e claramente oportunista, co que Caballero se saca da manga este cheque de café para todos mentes continúa sen resolver as axudas municipais para comedor escolar, libros e material escolar”.

Máis axuda a quen máis a necesita

Xabier P. Igrexas defende que “calquera axuda social para ser xusta ten que ser progresiva, para atender a realidade socioeconómica das familias”. É por iso que na emenda, dende o Bloque Nacionalista Galego demandan que as bases exclúan os fogares de máis recursos. Por contra,  propoñen que a distribución das axudas se faga a través de baremos de carácter progresivo. Estes, atendendo os ingresos das familias, debería “aumentar os importes para aquelas que o necesitan máis“.

Te podría interesar