Destacados Vigo al minuto

Os bonos dixitais para colectivos vulnerables pódense solicitar ata o 15 de novembro

Para beneficiarios da RISGA, IMV e familias sen recursos

Os bonos dixitais para colectivos vulnerables pódense solicitar ata o 15 de novembro

O prazo de solicitudes dos bonos dixitais para colectivos vulnerables do programa estatal Único permanece aberto ata o 15 de novembro. As axudas poden beneficiar a cerca de 5.600 persoas de unidades familiares identificadas como vulnerables, que sexan beneficiarias da Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA), do Ingreso Mínimo Vital (IMV) ou que acrediten ausencia ou déficit grave de recursos económicos.

240 euros

Os bonos dixitais posibilitan unha minoración de ata 20€ ao mes nas novas contratacións de servizos de internet de banda larga de, cando menos, 30 Mbps, durante un prazo de 12 meses, ata un máximo de 240 euros. Tamén se poderán empregar os bonos para a mellora da velocidade dos servizos de internet xa contratados polas familias, sempre e cando o servizo actual sexa de menos de 30Mbps. O prazo para a presentación das solicitudes remata o 15 de novembro.

Segunda convocatoria

Esta é a segunda convocatoria destas axudas, que conta cun orzamento de 1,34 millóns de euros, que forman parte dos fondos que o Goberno de España transfire a Galicia no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

You may also like