Vigo al minuto

Nova resonancia magnética para o Cunqueiro e 5 TACs, dous deles funcionando xa no Meixoeiro

Permiten un diagnóstico máis preciso

Nova resonancia magnética para o Cunqueiro e 5 TACs, dous deles funcionando xa no Meixoeiro

A sanidade pública de Vigo conta cunha nova resonancia magnética e 5 novos TACs, adquiridos por Sanidade, por preto de 5,8 millóns de euros, con cargo aos fondos europeos Next Generation. Con esta adquisición, «optimízase a tecnoloxía que prestaba servizo no Álvaro Cunqueiro».

RMN de altas prestacións

A nova resonancia, que comezou a funcionar no pasado mes de xullo, xa leva realizados  1.500 estudos radiolóxicos. Trátase dun equipo de ultima xeración e de altas prestacións. Conta cunha maior resolución anatómica, permitindo ver lesións de tamaño minúsculo.

Asi, as súas características tecnolóxicas posibilitan obter imaxes de máis calidade en calquera órgano, nun tempo menor e conseguindo un diagnóstico máis preciso e eficiente. Isto significa unha «achega inestimable para a detección precoz de múltiples patoloxías, especialmente en pacientes oncolóxicos e neurolóxicos». Neste senso, os especialistas salientan que «un  diagnóstico máis preciso posibilita un tratamento máis axeitado e individualizado, o que conleva maiores beneficios para o paciente».

Máis cómodos e máis rápidos

Ademais, os novos equipos contan cun deseño que introduce melloras no confort dos usuarios, xa que o tubo é mais grande, polo que «o paciente se sentirá máis cómodo e seguro». Outra das características é a axilidade na realización da proba, xa o tempo da se reduce considerablemente, nalgúns casos ata nun 60%.

TAC espectral, mellor capacidade diagnóstica

No referido aos 5 TACs, 3 están funcionando no Álvaro Cunqueiro e 2 no Meixoeiro. Un deles, instalado no Cunqueiro, conta con tecnoloxía espectral, que mellora a capacidade diagnóstica, oferta maior precisión e definición da imaxe, e diminúe as doses de radiación e contraste. En solo 6 meses de funcionamiento, o TAC espectral xa efectuou 12.500 estudos .

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.