Destacados Vigo al minuto

Denuncian a «ocultación» de expedientes de licenzas urbanísticas que afectan ao borde litoral

Co novo Plan Xeral non poderían tramitarse, pero sí antes do mesmo

Advierten de graves irregularidades en la respuesta del Gobierno municipal a las alegaciones al PXOM

O Bloque Nacionalista Galego vén de reiterar hoxe no Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo a solicitude de acceso a todos os expedientes das licenzas urbanísticas que non se tramitaron, pola suspensión automática durante a tramitación do novo PXOM. Ademáis, o grupo municipal do BNG pide consultar todos os informes que emitiu o Secretario Xeral sobre estas licenzas. En total son preto de cen expedientes.

Así, o portavoz do Bloque manifestou que o fan  “despois de que o Goberno municipal insista en vulnerar os meus dereitos fundamentais como concelleiro ao non atender a solicitude». Xabier P. Igrexas engade que “queremos coñecer con todo detalle esas licenzas pendentes que en apenas 20 días, a partir do vindeiro día 16 de outubro, poderán tramitarse grazas ao acordo de ampliación de prazo para aprobación provisional do novo Plan Xeral«, aprobado onte polo Pleno da Corporación.

Afectan a ámbitos de protección ou de primeira liña do litoral

Igrexas apunta a que o seu grupo sabe que «nalgúns casos esas licenzas afectan a ámbitos de especial protección ou de primeira liña de litoral e que non poderían outorgarse baixo ningún concepto co novo PXOM”.

Á vista deste feito, subliña o voceiro dos nacionalistas, «é claro que hai moito que esconder”. Na súa opinión, «o Goberno de Abel Caballero non quere que a cidade saiba quen se vai beneficiar desta nova porta de atrás para uns poucos, dentro do urbanismo á carta no que insiste unha e outra vez a concelleira María José Caride”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.