Comarcas Vigo al minuto

A alcaldesa de Ponteareas alerta de que os cortes de luz en centros municipais débense “á débeda que deixou o anterior Goberno”

Asegura que hai 2,5 millóns en facturas impagadas

Nava Castro logra o compromiso do IDAE de desbloquear preto de 3 millóns, pendentes para Ponteareas

Distintas dependencias municipais de Ponteareas, como o Centro Social e o Mercado de Abastos están sufrindo cortes do luz que, o actual Goberno local asegura, están causados pola débeda do ‘bipartito BNG-PSOE’. Apuntan a que estes problemas so subministro débense “ao impago da débeda contraída”, e lembran que esta situación xa se producira no mandato anterior.

Un desfase de preto dun millón de euros

Así, subliña a alcaldesa, “un dos principais buracos económicos que deixou en herdanza o anterior bipartito é o do alumeado público”. Na rolda de prensa na que fixo balance dos primeiros cen días de xestión, Nava Castro amosou un desfase, entre a partida adicada a tal efecto e a realidade, de “preto dun millón de euros”. Por este motivo o equipo de Goberno convocará un Pleno extraordinario urxente para realizar o recoñecemento extraxudicial das cantidades adeudadas pendentes de abonar, en canto se teña resposta favorable da proposta efectuada á compañía subministradora por parte do Concello, e xerar unha partida orzamentaria a tal fin, presumiblemente a través dun préstamo.

2,5 millóns en facturas impagadas e 9 millóns de débeda

Castro explicou que a partida orzamentaria de 300.000 euros para to un ano destinada ao pago da luz era claramente insuficiente cando o servizo está valorado 1,3 millóns de euros. Se ben é certo, engadiu, que os fondos poderían obterse de outras partidas non executadas, non foi así e ao momento de chegar á Alcaldía, o actual grupo de goberno atopouse con só 97.000 euros de liquidez entre o 17 de xuño e o vindeiro 31 de decembro. Unha liquidez que non resultou ser tal xa que existen 2’5 millóns de euros en facturas impagadas e 9 millóns de débeda.

Por iso, o Goberno local, apuntou a alcaldesa, leva semanas negociando para reverter e emendar esta situación á maior brevidade posible e restablecer a normalidade en todos os centros. Neste sentido, Nava Castro subliñou que aqueles considerados servizos de primeira necesidade, como os centros educativos ou residencias teñen o subministro garantido.

También te puede interesar