Deportes Vigo al minuto

Medallas galegas no Open de Serbia de Taekwondo

Para Iván García, Tania Castiñeira, Víctor Videla, Tomasa Franco e Carla Sesar

Medallas galegas no Open de Serbia de Taekwondo

Esta fin fe semana celebrouse o Open de Serbia en Belgrado e Galicia contou con varios representantes no prestixioso evento G-1. Hai que destacar o ouro de Iván García e o bronce de Tania Castiñeira na categoría sénior; e as medallas de Víctor Videla (prata), Tomasa Franco e Carla Sesar (bronces) en júnior.

Iván García

Iván García (+87, Mat´s) está de volta. Asi, logrou a primeira vitoria dende o seu regreso á competición trala grave lesión de comezos do 2023 e fíxose coa medalla de ouro. En primeira ronda superou ao representante de Exipto, nun combate sinxelo (2-0). Xa na final, Iván enfrontouse a Macedonia e Iván estivo cómodo no tapiz, a pesares de que o combate se decidiu en tres asaltos.

Tania Castiñeira

Pola súa banda, Tania Castiñeira (+73, Hebe) foi bronce. Tania superou no primeiro combate á representante de Grecia en dous asaltos e logrou plantarse nas semifinais, onde esperaba Malena Jalh (Austria). Aquí a austríaca foi mellor e logrou o pase á final.

Víctor Videla

Víctor Videla (-45, Natural) acadou a medalla de prata na categoría júnior. Así, superou na semifinal a Francesco Carlone (Italia) en dous asaltos , pero no puido na final co local Pavie Radisic, nun combate que se decidiu en tres.

Pola súa banda -52, Tomasa Franco (Natural) logrou o bronce nun peso con moita participación. A galega eliminou en primeira rolda a Nevena Bijedic (Serbia) en dous asaltos e posteriormente á búlgara Elena Lilova (2-0). Nos cuartos de final superou a Stanislava Kostadinova (Bulgaria) nun combate moi disputado (2-1). Na semifinal enfrontouse a Aidana Sundetbay (Casaquistán) e non puido con ela.

E tamén na categoría júnior Carla Sesar (-55, Natural) subiu ao podio. Comezou vencendo a Lola Nikolic (Serbia) de forma clara (2-0) e nos cuartos superou a Lana Horvat (Croacia), tamén en dous asaltos. Na caeu fronte a croata Ema Bugarinovic, nunha loita que tivo que decidirse no terceiro asalto.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.