Destacados Vigo al minuto

6,4 millóns de euros para a mellora da eficiencia enerxética en vivendas da cidade

Serán 970 actuacións en 12 contornas de Vigo

6,4 millóns de euros para a mellora da eficiencia enerxética en vivendas da cidade

A Xerencia de Urbanismo aprobou as bases e a convocatoria de subvencións para a rehabilitación de actuacións a nivel de barrio, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea. Estas axudas servirán para financiar obras ou actuacións que sirvan para mellorar a eficiencia enerxética, recortando un 30% o consumo, cando menos, en inmobles de usados para vivenda.

“Apoiaremos aos particulares que o precisen para a rehabilitación das súas vivendas e estaremos apoiando a estas zonas históricas da cidade, asegurou hoxe o alcalde, sinalando que a Oficina de Rehabilitación do Concello será a encargada de xestionar as axudas.

Doce contornas e 970 actuacións

En total, serán 6.394.000€ dos fondos europeos Next Generation EU que estarán destinados a Contornas Residenciais de Rehabilitación Programada: Casco Vello (91 actuacións); Bouzas (84); Coia (336 actuacións); Casas de Santa Clara (36); Beiramar (40); Espiñeiro-Teis (72); San Pablo (48); San Roque (78); Fenosa (101); A Salgueira (38); Gorxal (24) e Alcalde Lavadores-Canicouva-Escolas Públicas (22 actuacións). Desa cantidade, 5,4 millóns de euros son para axudas a particulares e 252.000 euros para obras de rexeneración urbana.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.