Sucesos Vigo al minuto

Persoal do 061 ten que acudir en taxi a atender unha urxencia en Cangas

Unha persoa maior caeu na rúa e estivo 25 minutos no chan porque non había ambulancias

Una persona muerta y tres heridas graves en un accidente en el Corredor do Morrazo

A Unión Local da CIG no Morrazo denuncia, unha vez máis que a falta de ambulancias do 061 na comarca provocou a necesidade de mobilizar en taxi a un equipo formado por unha médica e unha enfermeira para atender unha situación grave pola caída dunha persoa maior veciña de Cangas. A paciente sufriu un forte traumatismo na cabeza nas proximidades da Alameda Nova, en pleno centro da vila, ao redor das 21:30 horas deste venres.

Unha ambulancia dende Vigo

Ao estar ocupadas todas as ambulancias da comarca con base e Cangas, Moaña e Bueu, a persoa accidenta tivo que permanecer tendida no chan, en estado aparentemente grave, á espera de recibir asistencia dunha ambulancia que acudiu dende Vigo 25 minutos despois. “Este feito provocou unha gran alarma entre ás persoas que alí se atopaban nas inmediacións e foron testemuñas do ocorrido”.

Axuda da Policía Local

O 061 mobilizou novamente ao persoal do PAC en taxi, pero dado a que este recurso tardaría máis de media hora, o persoal do Centro Sanitario decidiu solicitar pola súa conta auxilio policial. Deste xeito, grazas a colaboración da Policía Local que se desprazou a recoller ao persoal e material sanitario para trasladalo finalmente no coche patrulla ata o lugar dos feitos.

Ao carecer dunha ambulancia máis na comarca, a asistencia de Soporte Vital Avanzado que requiría a vítima, tivo que prestarse novamente coa metade do equipo sanitario previsto e sen o material do que se dispón nos vehículos sanitarios.

Intervención do Concello de Cangas

A CIG pedirá ao Concello de Cangas a súa intervención solicitando un informe do ocorrido á Policía Local e que posteriormente soliciten explicacións ao Sergas sobre o ocorrido así como o reforzo de forma inmediata dunha ambulancia máis con base en Cangas como cabeceira da Comarca do Morrazo.

También te puede interesar