Destacados Vigo al minuto

O paseo do Lagares chegará ata Lavadores

Os traballos, que están en marcha, actúan sobre un treito de 3,3 quilómetros

O paseo do Lagares chegará ata Lavadores

Seguen adiante as obras de recuperación dun novo tramo paseo fluvial do río Lagares que percorre Lavadores. O mesmo enlazará co treito xa construído entre Manuel Álvarez e o mercado de Cabral. Esta nova actuación actúa sobre un tramo de 3,3 quilómetros, no que se inverten 1,2 millóns de euros, dos que máis de 400.000€ destínanse a expropiacións.

17 quilómetros

O alcalde, quen cisitou onte as obras, explicou que a ampliación en 785.570€ do do contrato da obra do tramo comprendido entre Manuel Álvarez e a Avenida de Madrid débese aos cambios introducidos no proxecto coa finalidade de mellorar o paseo e de propiciar a adaptación ás condicións do complexo terreo.

Tras lembrar que os 17 quilómetros do leito do río discorren integramente por Vigo, Abel Caballero salientou que, “o Lagares é unha xoia da natureza»Asi, na zona na que se traballa, unha condución de auga transformouse nunha fervenza, na mesma se construirán pontes de madeira, intervención sumarase a recuperación dunha área próxima.

Máis árbores

Como informara vigoalminuto, o novo traxecto de Lavadores enmárcase nun corredor natural de 28.700 metros cadrados. O mesmo vaisa estase transformando nunha zona verde de especial valor natural na que, segundo o proxecto do Goberno local, se plantarán 140 árbores de gran porte, como carballos e freixos e 640 de menor tamaño.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.