Destacados Vigo al minuto

O Pleno extraordinario polo concerto de Guns N’Roses, será o día 25

O BNG advirte ao alcalde que «non vai poder evitar dar explicacións»

O alcalde vén de notificar a convocatoria do Pleno extraordinario, impulsado polo BNG, para aclarar o «escándalo» do frustrado patrocinio do concerto de Guns N’ Roses. Abel Caballero asinou ás 9:57h de hoxe, «último día do prazo regulamentario para facelo», o decreto para realización desa sesión plenaria o luns, día 25 , a continuación do Pleno ordinario correspondente ao mes de setembro. 

Dende o Bloque subliñan que no decreto, «o rexedor decidiu alterar o enunciado do asunto da orde do día polo xenérico Actuacións do Goberno municipal en relación ao concerto de Guns N’ Roses celebrado na cidade de Vigo».

«Tenta fuxir do escándalo»

O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, criticou a decisión unilateral do rexedor de facer coincidir ambos os dous plenos. «Abel Caballero segue tentando fuxir do escándalo que envolve o intento do seu Goberno de entregar, irregularmente, case 2 millóns de euros á promotora do concerto de Guns N’ Roses», valorou.

Ademais, Igrexas denuncia que desde a Alcaldía non se puxeron en contacto cos grupos municipais da oposición para definir a data de realización. Neste sentido, apunta que «o alcalde máis que uso das súas competencias fai abuso das mesmas co obxectivo de tentar diluír o Pleno que impulsamos para que dea a cara».

«No caso de que se ausente do Pleno, suporía que confirma a súa responsabilidade neste escándalo»

No entanto a fronte nacionalista advírtelle ao rexedor que non vai poder evitar ter que dar explicacións perante «evidentes sospeitas e indicios de graves irregularidades» que envolven a actuación do pasado 12 de xuño e o frustrado patrocinio publicitario por parte do Goberno municipal, e que mesmo poderían incorrer en ilícitos penais.

Asi, no que se refire á posibilidade de que o alcalde «se ausente da sesión extraordinaria, como adoita facer nos plenos», Igrexas afirmou que «ademais dun desprezo intolerábel para o máximo organismo de representación democrática da cidade, suporía confirmar a súa responsabilidade directa neste escándalo».

Tres propostas apoiadas tamén polo Partido Popular

O voceiro do Bloque lembra que o Pleno terá que ditaminar tres propostas concretas de acordo, elaboradas polo BNG e ás que se sumou o Grupo Municipal do PP. A primeira será a reprobación do alcalde pola «falla de transparencia e reiteradas falsidades». A segunda proposta é crear unha Comisión Especial de Investigación para aclarar o sucedido e depurar as responsabilidades políticas. E, por último, abordarase a comparecencia perante o Pleno da concelleira de Contratación e Festas, Patricia Rodríguez Calviño, sobre as xestións realizadas polo Goberno local, en particular, para a licitación do frustrado patrocinio publicitario.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.