Deportes Vigo al minuto

Covelo, capital da patinaxe artística

Recibe este sábado a 150 deportistas no VII Trofeo Cruceiro

Covelo acolle este sábado día 16 o VII Trofeo Cruceiro no que competirán máis de 150 patinadoras e patinadores das categorías benxamín, alevín e infantil. Así, clubs de toda Galicia e deportistas autonómicos e nacionais medirán as súas forzas nos niveis 1, 2, 3, 4 e 5.

Este VII Trofeo Cruceiro de Covelo supón a oportunidade de gozar do espectáculo deportivo da patinaxe e das e dos mellores patinadores que levan o nome dos seus clubs por competicións e trofeos de toda España. O Club Covelo Patinaxe Artística, organizador do encontro en colaboración co Concello de Covelo, da Xunta de Galicia e da Federación Galega de Patinaxe e co apoio dos seus patrocinadores, convida a todo a cidadanía a asistir e apoiar, así, non só ao club local tamén a todas as/os deportistas.

De 9 a 22 horas

Dende ás 9 da mañá e ata ás 10 da noite, todas as persoas poderán achegarse ao Pavillón Municipal que terá abertas as súas portas para que cada quen se achegue á hora que queira e non perda a ocasión de gozar deste deporte.

Ademáis, o Club Covelo Patinaxe ofrece a oportunidade de aprender este deporte tanto a través das escolas deportivas, con adestramentos unha vez á semana; o preclub con dous días de adestramento semanais ou no club con catro días de prácticas- sendo posible contactar a través do enderezo electrónico [email protected]-.

Neste eido, a adestradora do Covelo de Patinaxe, Antía Pimentel Gil, salienta a importancia do deporte ao longo da vida e, sobre todo, na infancia e na mocidade. Neste sentido salienta que «a patinaxe unha disciplina que se pode aprender a calquera idade axeitando a intensidade a medida de cada persoa».

«Promover hábitos de vida saúdable e valores vencellados ao deporte»

Pola súa banda, Pablo Castillo, alcalde de Covelo, apunta a importancia que teñen citas deportivas como esta porque, «ademais de dar a coñecer o concello e atraer a centos de familias, promove hábitos de vida saúdable e contribúe na sociedade aportando unha actividade saudable e valores fundamentais vencellados ao deporte».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.