Cultura Vigo al minuto

Este mércores, chega as librarías ‘Síbaris’ a obra postuma de Domingo Villar

O día 30 estrearase en Vigo, co actor Carlos Blanco como protagonista

Este mércores, chega as librarías 'Síbaris' a obra postuma de Domingo Villar

Foto:Elena Palacios/ Este mércores 13 de setembro chegará a todas as librarías de Galicia ‘Síbaris’, a obra póstuma de Domingo Villar. O autor deixou preparado o libro para a súa publicación este ano.

Inma López Silva é a autora do limiar que comeza recuperando unhas conversas de whatsapp entre ela e Domingo Villar sobre a obra. O autor pedíalle que a lese e aclaraba que o único que buscaba era proporcionarlle ao público unhas horas de entretemento.

A obra estrearase en Vigo o vindeiro día 30 de setembro co actor Carlos Blanco de protagonista; e gozará dunha xira por toda Galicia.

Unha reflexión aguda, cómica e lúcida arredor da literatura

Co fino sentido do humor que Domingo Villar destilaba, desfilan pola obra as filias e as fobias de moitas escritoras e escritores ao longo da súa carreira literaria e que teñen que ver cos medos, as inseguridades e as paranoias de todos aqueles e aquelas que se dedican a escribir. Trátase dunha reflexión aguda, cómica, ás veces despiadada mais sempre lúcida, arredor da literatura e todo o que a rodea.

Os seguidores do creador do detective Leo Caldas accederán aquí a un Domingo Villar poliédrico que era moito máis que un construtor de tramas policiais como xa quedara demostrado no delicado “Algúns contos completos” que a Editorial Galaxia publicou en 2021. Non existen dúbidas de que con esta achega ao mundo do teatro, Domingo Villar seguirá facendo o mesmo que fixo durante a súa vida: seducir lectoras e lectores para a literatura galega.

También te puede interesar