Cultura Vigo al minuto

‘Meu amigo Lorenzo’ e ’10 de marzo’ premiadas no Festival Primavera de Cine

Pechou a súa 12ª edición este domingo, en Vigo

Este celebrouse en Vigo a gala de clausura da XII edición do Festival Primavera do Cine, onde foron entregados os diversos premios aos filmes que participaron na sección oficial.

Meu amigo Lorenzo

Así, o Premio do Público á Mellor Longametraxe recaeu no filme de nacionalidade brasileira Meu amigo Lorenzo, dirixido polo veterano cineasta André Luiz Oliveira. O realizador é todo un icono do cinema marxinal brasileiro desde finais dos anos sesenta, etiqueta que acadou a partir da difusión do seu filme Meteorango kid, o heroi intergaláctico (1969).A súa traxectoria está composta por numerosos filmes de prestixio como A lenda de Ubirajara (1974) e Louco por cinema (1994).

En palabras do propio Luiz Oliveira: “A miña carreira no cinema é longa. Teño varias longametraxes, curtas… pero Meu amigo Lorenzo é un filme especial e por iso tiña que verse nun festival especial, con características especiais”.

10 de marzo

O xurado, composto por Franco Tedesco, cineasta, Migual Alejos, presidente do Cineclub Valmiñor Alice Guy e Carmen Díaz, programadora especializada en medios de comunicación, decidiu premiar o filme documental 10 de marzo, dirixido por Roi Cagiao por ser “un filme necesario nos tempos actuais pola temática que aborda, por realizar unha lectura precisa e comprometida da historia política recente de Galicia, a través dunha narración dinámica e acadando unha sobriedade emotiva”.

Ademais, o xurado decidiu entregar tamén unha Mención Especial ao filme Liña de fuga, dirixido por Marta Blanco, “por elaborar un discurso arriscado que mantén o equilibrio entre as diversas áreas cinematográficas: montaxe, son, planificación, música… que contribúen a desenvolver un discurso intimista, acompañado dunha mirada crítica e feminista acerca da realidade”.

Mellor curtametraxe

Pola súa banda, os premios do público á mellor curtametraxe repartíronse entre os filmes de produción galega e os de produción de países da lusofonía.

O premio á Mellor Curtametraxe Galega recaeu en Antes de que se poña o sol, dirixida por Nani Matos. En palabras do seu director: “ a curtametraxe fala sobre os conflitos familiares e as difíciles decisións que, ás veces, é necesario tomar”. Según a organización do festival: “unha ficción sustentada na solidez do guión e na dirección de actores”.

Á mellor curtametraxe lusófona foi outra produción brasileira, Pedro e Inácio, dirixida por Caio Dornelas, un documental de corte político e combativo que aborda as loitas camponesas polo dereito á terra nunha pequena comunidade do Brasil.

A gala de clausura contou tamén cun concerto e a estrea da curtametraxe Carmen e a actuación musical correu a cargo do intérprete e compositor vigués Oswaldo Oro, artista de referencia internacional pola súa traxectoria ao longo dos últimos anos.

Programación, filmes de estrea, novos realizadores e mulleres directoras

A gala foi conducida polo director do festival, Alfonso Castaño, quen destacou como puntos fortes da presente edición a variedade da programación, «composta por filmes que incluíron ficción, documental, animación e cinema experimental, trazando un panorama moi preciso da actualidade da cinematografía galega e lusófona”.

Asi mesmo, Castaño salientou a cantidade de filmes que foron estrea. «Houbo sete estras en Galicia e en España e tres estreas de carácter internacional, dúas delas longametraxes”. Tamén amosou a súa satisfación pola aposta do festival polos novos realizadores, «presentando sete traballos que son ópera prima” e subliñou a importancia da «ampla presenza de mulleres directoras: un total de dez filmes foron dirixidos por mulleres na presente edición”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.