Vigo al minuto

99 estudantes de 6º de Medicina comezan as súas prácticas no Álvaro Cunqueiro

Son 70 alumnas e 20 alumnos

99 estudantes de 6º de Medicina comezan as súas prácticas no Álvaro Cunqueiro

Vigo recibiu hoxe aos alumnos e alumnas da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago que cursarán sexto ano de grao nos centros sanitarios públicos vigueses. En total son 99 estudantes (79 mulleres e 20 homes).

800 doutores e doutoras

Asi, desde o ano 2014, no que recibiuse aos primeiros alumnos de 6º de medicina (11) ata a actualidade, tense formando a case 800 estudantes na práctica clínica.

Equipo docente

Todas estas alumnas e alumnos de Medicina realizan o seu último ano nun hospital, cun curso práctico no que se lles imparte un programa docente baseado na rotación por diferentes especialidades médicas e cirúrxicas. En total, traballan sete materias: clínica médica; clínica cirúrxica; urxencias e servizos centrais; clínica obstétrica e xinecolóxica; pediátrica; clínica psiquiátrica e medicina familiar e comunitaria. Durante este período lectivo, os estudantes cumpren un horario de 08.00 á 15.00 horas, e tamén realizan  gardas.

O equipo docente está composto por 28 profesores asociados e 752 colaboradores e na actualidade, na Área Sanitaria de Vigo hai un total de 1.500 estudantes, ademais dos de Medicina, que cursan diversas disciplinas nos centros asistenciais. 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.