Vigo al minuto

Instan a Educación a vixiar que os colexios do Opus de Vigo non segreguen o alumnado por xénero

Ante a sospeita de que poidan estar incumprindo a lei

Instan a Educación a vixiar que os colexios do Opus de Vigo non segreguen o alumnado por xénero

CIG-Ensino advertiu ao presidente Rueda e ao conselleiro Rodríguez de que este curso os 5 centros que segregaban o alumnado por xénero en Galicia non podían renovar os seus concertos educativos durante os vindeiros seis anos, en cumprimento da LOMLOE.

Ainda así, este verán publicouse a Orde na que volve aparecer o nome dos cinco. Mentres que o Centro de Estudos Superiores Aloya de Vigo, dedicado integramente a FP xa introduciu a matrícula mixta, «a CIG-Ensino sospeita que nos outros catro colexios, con unidades concertadas de infantil, primaria e ESO non se está cumprindo a normativa».

«Montecastelo e Las Acacias»

Trátase dos «centros vinculados  ao Opus Dei» Montespiño e Peñarredonda, na cidade da Coruña, e Montecastelo e Las Acacias en Vigo, que «ven incrementadas as aulas concertadas con respecto ao curso pasado con 12 na etapa de infantil: seis no Montespiño e outras 6 en Las Acacias».

Así, apuntan dende a CIG que, segundo información obtida polo sindicato, estes centros terían aberto a posibilidade de matrícula mixta só no primeiro curso de Primaria, alegando que no resto dos cursos de Primaria e ESO xa teñen alumnado a matricula completa. Asi que, a central sindical insta á Administración, tanto á Inspección Educativa galega da que dependen estes centros, como á alta inspección do Estado, que vixíen que se está a cumprir o establecido na lei, dado que ten «todas as sospeitas de que poidan estar eludindo a normativa«.

Solicitude de datos á Xunta

Neste sentido, a CIG-Ensino solicitoulle á Administración galega datos exactos de matrícula con datos diferenciados por xénero en todas as aulas porque, ao ser ensinanza concertada, no caso de haber prazas libres tamén se debería abrir a posibilidade de matricularse tanto a nenos como a nenas.

Por último, o sindicato mantén a súa oposición a que se concerten etapas educativas non obrigatorias como a Formación Profesional, tanto neste tipo de centros como en calquera outro.

En definitiva: desde a CIG-Ensino aseguran que estarán en «alerta» para que «non se sigan financiando pola porta de atrás centros do Opus Dei que incumpran a norma e manteñan un espírito reaccionario de separación do alumnado por cuestión de xénero».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.