Galicia Vigo al minuto

Vigo recibirá preto 1,2 millóns de axuda para a construción de 27 vivendas de alugueiro social

Estarán nun edificio de 9 plantas no Camiño Esturáns

Vigo recibirá preto 1,2 como axuda para a construción de 27 vivendas de alugueiro social

A Xunta vén de conceder unha axuda de 1.187.982 euros ao Concello de Vigo para a construción de 27 vivendas para
alugueiro social nunha parcela emprazada no Camiño Esturáns. A subvención está destinada á promoción de 27 vivendas por parte do Goberno local, que prevé investir un total de 4.486.996,80 euros.

Un edificio de 9 plantas, 1 baixo e 3 sotos

Segundo o proxecto municipal presentado ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), prevese a construción dun inmoble dividido en 9 plantas, máis 1 baixo e 3 sotos, que acollerá un total de 27 vivendas, ademais de garaxes.

Fondos Next Generation

Esta achega inclúense no programa de axuda á construción de vivendas en alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia, financiado pola Unión Europea a través do programa Next Generation. Por este motivo, será necesaria a sinatura dun acordo entre a Xunta, o Concello e o Ministerio de Transportes, Vivenda e Axenda Urbana para facelas efectivas.

También te puede interesar