Galicia Vigo al minuto

A Deputación traspasa a Escola de Canteiría á Xunta

Conta con traballos na Sagrada Familia, a Abadía de Westminster ou o Capitolio de Washington

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, en presenza do alcalde de Poio, Ángel Moldes, asinaron hoxe a acta de entrega á Comunidade Autónoma dos bens, dereitos e recursos persoais e materiais da Escola de Cantería de Poio. “A primeira pedra dun novo camiño de éxito ponse hoxe aquí –asegurou o presidente provincial-. Así, con este traspaso á Xunta atendemos unha reivindicación histórica do centro que non podíamos cumprir desde a Deputación: outorgar un título oficial á altura do nivel dos seus alumnos.

Centro de Formación Profesional

Deste xeito, a partir de agora a Escola de Cantería pasará a ser un Centro Integrado de Formación Profesional que será, en palabras de Luis López, “unha oportunidade de ouro para que se converta, aínda máis, nun referente en Galicia, España e tamén no estranxeiro”.No acto, o presidente lembrou os 44 anos de historia da Escola de Cantería e os traballos que os seus máis de 1.500 alumnos desenvolveron, deixando pegada en Galicia pero tamén en países americanos e Europeos e en lugares tan emblemáticos como a Sagrada Familia de Barcelona, a abadía de Westminster de Londres ou o Capitolio de Washington.

Tamén remarcou López na súa intervención todo o que gaña a Escola de Cantería e a provincia co traspaso á Xunta de Galicia: “reforzarase a oferta educativa para os alumnos con títulos oficiais; darase resposta ás demandas de persoal de sectores tan importantes para a provincia como o da construción, restauración ou rehabilitación; e tamén atraerá ao mellor talento ata Poio”.

Un proceso que comezara en xullo de 2022

O proceso de traspaso da Escola de Cantería á Xunta de Galicia comezou en xullo de 2022 coa sinatura do “Protocolo para a transmisión da titularidade da Finca de Lourizán e da Escola de Cantería á Comunidade Autónoma de Galicia”. En outubro dese ano comezaron as reunións da Comisión Mixta de seguimento do protocolo e no Pleno ordinario da Deputación de abril do 2023 acordouse por unanimidade o traspaso. Dende agora pasará a estar adscrita á Consellería de Cultura e Educación, transformándoa nun centro público docente dependente da Xunta no que se impartirá formación para a consecución dun título oficial.

Escola de Cantería

A Escola de Cantería comezou a funcionar o 15 de xaneiro de 1979 nas instalacións do mosteiro de Poio con 29 prazas. Tres anos despois, en 1982, pasou a depender da Deputación de Pontevedra. No ano 1996 a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Salvador de Poio cedeu a favor da Deputación unha extensión de terreo de 26.000 metros cadrados para a instalación da Escola de Cantería no lugar de Illa do Santo-Boa Vista e, tras aprobar o proxecto e adxudicar a obra para a construción do edificio en 1997, entrou en funcionamento no 2000.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.