Galicia Vigo al minuto

O programa ‘Conectadas’ continúa esta fin de semana en catro concellos, entre eles Vigo

Impulsado pola Deputación de Pontevedra

O programa 'Conectadas' continúa esta fin de semana en catro concellos, entre eles Vigo

Un total de 67 mulleres dos concellos de Vigo, Caldas, A Lama e Cerdedo-Cotobade comezan esta semana catro novas accións formativas enmarcadas no programa “Conectadas” da Deputación de Pontevedra. Esta iniciativa ten como principal obxectivo potenciar a promoción das mulleres a través de accións formativas que este ano se
desenvolverán en 53 concellos e contarán coa participación de máis de 4.000 usuarias.

Este xoves

Este xoves 31 de agosto iniciarase na Lama un obradoiro de artesanía en coiro no que tomarán parte 16 participantes da Asociación de Mulleres Rurais A Picara. A actividade desenvolverase os xoves no lugar de Cernedo, en horario de 16:00 a 18:30 horas.

…o venres, 1 de setembro, tamén en Vigo

O venres 1 de setembro arrancarán outras dúas accións formativas nos concellos de Caldas de Reis e Vigo. No primeiro caso, trátase dun curso de pilates no que participarán 25 mulleres da Asociación Saiar pola Igualdade, que terá lugar todos os luns e venres de 20:00 a 21:00 horas no local situado nas Goletas, Sequeiros. E na nosa cidade comezará o curso de ioga promovido pola Asociación Xaruma no que tomarán parte 14 participantes todos os venres de 17:30 a 19:00 horas na sede do colectivo, en Sanjurjo Badía.

…e o sábado, 2

Por último, o sábado 2 de setembro comeza un curso de pilates para 12 mulleres da Asociación Socio Cultural Deportiva de Veciños e Amigos de Santiago de Caroi, en Cerdedo-Cotobade. Impartirase os sábados e xoves de 17:00 a 18:30 horas na Escola de Nenas.

219 entidades de 53 concellos

Neste 2023 participan no programa “Conectadas” 219 entidades (de 53 concellos da provincia) que puideron escoller entre 30 obradoiros ofertados dentro de cinco bloques temáticos: “Emprende, iniciativas sostibles para o emprego”, “ExpresARTE”.

También te puede interesar