Comarcas Vigo al minuto

Megatobogán acuático, este sábado grátis na Ramallosa

Abrirá de 12:00 a 14:00 y de 16:00 a 20:00h.

Megatobogán acuático, este sábado grátis na Ramallosa

O Concello de Nigrán ofrece este sábado, día 12, unha das súas actividades estrelas deste mes para o público infantil e xuvenil: un megatobogán acuático de 65 metros de longo que discorrerá ao longo da rúa Damas Apostólicas (A Ramallosa) aproveitando a pendente desta estrada.

Gratuito

A estrutura abrirá, de xeito totalmente gratuíto, de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, estando indicada para rapazas e rapaces maiores de 6 anos de idade. Os participantes tan só deben acudir en bañador e recibirán un flotador por parte da organización para deslizarse sobre el durante todo o percorrido.

«A rúa Damas Apostólicas transformarase durante un día no parque acuático de Nigrán para o goce do público máis pequeno», explica o alcalde, Juan González, quen propón o sábado «un plan familiar completo na Ramallosa», ao coincidir co ‘Cinema a Pedal’ desde as 19:00 horas no Esteiro de A Foz.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.