RGPD - Cookies
Destacados Vigo al minuto

Para o BNG é unha «broma pesada» que non haxa representación veciñal no ‘Comité de nadal’

Pide que tamén haxa no mesmo técnicos municipais e comerciantes

Para o BNG é unha "broma pesada" que non haxa representación veciñal no 'Comité de nadal'

O Bloque Nacionalista Galego tacha de «broma pesada» o Comité de nadal anunciado polo Goberno municipal por non contar con representación da veciñanza. Asi, o BNG critica que este Comité só estea formado por membros do mesmo Goberno local (sete edís e o alcalde) que leva anos «ignorando deliberadamente» as queixas veciñais que piden un cambio no modelo das festas.

«Deseño caprichoso do Nadal»

«Este anuncio é claramente unha broma de moi mal gusto, que demostra máis unha vez o total desprezo do Goberno de Abel Caballero cara á veciñanza da nosa cidade», criticou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas. No entanto, valorou necesario un Comité para rectificar o deseño «caprichoso» do nadal, mais con participación dos axentes sociais e dos técnicos do Concello e non só responsábeis políticos.

Veciños, comerciantes e técnicos

Igrexas propuxo así que o Comité de nadal conte con representación dos colectivos veciñais afectados da zona centro, que demandaron o pasado ano sen éxito reunirse con membros do Goberno local. Ademais, considerou «importante» a presenza de representantes do conxunto dos comerciantes da cidade, así como «imprescindíbel» a de técnicos municipais das áreas de Seguridade e Transporte.

«Que o Nadal non volva ser unha tortura para a veciñanza»

«Para asegurar que este nadal non volva ser unha tortura para a veciñanza de Vigo, non se poña en risco a seguridade das persoas nin se provoque un caos circulatorio como o que padecemos o pasado ano», afirmou o portavoz nacionalista, quen chamou a descentralizar esta celebración para levala ao conxunto dos barrios e parroquias evitando a «masificación» pola decisión de concentrar todo nunha pequena superficie do centro da cidade.

También te puede interesar