Galicia Vigo al minuto

40 frecuencias de autobús para ir durante a semana de Redondela á Praia de Cesantes

Aquí podes consultar os horarios

40 frecuencias de autobús para ir durante a semana de Redondela á Praia de Cesantes

A Xunta facilitará durante todo o mes de agosto 40 frecuencias de autobús para o desprazamento durante a semana entre Redondela e a praia de Cesantes.

Así, esta liña de transporte público interurbano, dirixida a atender os desprazamentos á praia, conta durante este mes con 8 expedicións ao día de luns a venres, tres de ida e cinco de volta.

Horarios

Un dos servizos de ida, con saída ás 15:45, realiza o traxecto Cedeira-Redondela-Praia de Cesantes, con paradas en Cedeira (O Cruceiro); Redondela (A Farola, Fonte de Santiago, ambulatorio); Cesantes (Cruceiro); San Pedro de Cesantes, Alto de Cesantes e punta praia de Cesantes.

Para a volta ata a parroquia de Cedeira están dispoñibles tres servizos ao día, con saída do areal ás 19:00h,19:45 horas e 20:15h.

As outras catro expedicións realizan o traxecto Redondela-Praia de Cesantes, mantendo o resto das paradas intermedias. Para a ida, os servizos saen da parada Redondela (A Farola) ás 13:00 e ás 16:30h. e, para a volta, o autobús sae do areal ás 13:15 e ás 16,15 horas.

Os menores de 21 anos poden viaxar gratis

Nestes servizos, como en todos os autobuses da Xunta, os menores de 21 anos poden viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova. Máis de 1.700 mozos e mozas de Redondela xa dispoñen da súa tarxeta.

Ademáis, tamén o resto de usuarios do transporte público da Xunta poden beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG. Os horarios dos autobuses e toda a información está en www.bus.gal.

También te puede interesar