Destacados Vigo al minuto

O BNG de Vigo urxe reforzar o mantemento de Peinador para evitar novos peches

Tamen propón un Plan de Dinamización do aeroporto da cidade

O Bloque Nacionalista Galego urxe reforzar o mantemento de Peinador para evitar novos peches da terminal. Así, pide a Aena que intensifique os traballos até que se inicie a renovación integral da pista de aterraxe, anunciada para maio de 2024, para que non volva quedar inoperativa pola aparición de fochancas, como ocorreu o pasado marzo por terceira vez en apenas ano e medio.

Dinamización

Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG, asegurou ademais que aproveitando este investimento “é o momento” de mellorar a terminal do sur de Galiza cun Plan de Dinamización. Unha proposta que os nacionalistas levan anos demandando, a través de emendas aos Orzamentos Xerais do Estado, pero que toparon sempre coa «negativa dos sucesivos Gobernos españois e coa total inacción por parte da Xunta».

É hora de apostar decididamente por Peinador, e iso esixe un compromiso firme e claro dos Gobernos español e galego para potenciar o aeroporto da área económica máis importante de Galiza”, defendeu Igrexas.

Conexión intermodal

Entre as medidas propostas, o voceiro do BNG reclamou mellorar os accesos viarios á terminal viguesa e tamén a súa conexión intermodal: tanto coas estacións de tren como coa posta en marcha dun servizo de bus directo, como existe no resto de aeroportos galegos. No mesmo sentido, chamou a tomar as medidas necesarias para permitir a apertura do aeroporto durante as 24 horas do día, e non só durante unha parte da xornada.

Dende o Bloque consideran ademais “absolutamente estratéxico” desenvolver as potencialidades de Peinador como terminal loxística e de mercadorías. “Para evitar situacións como, por exemplo, que o peixe que se descarga no Porto de Vigo viaxe en avión dende outros aeroportos do Estado”, salientou Igrexas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.