Comarcas Vigo al minuto

Nova actividade infantil no Porriño para «favorecer a conciliación»

Para rapaces e rapazas de 3 a 12 anos

Nova actividade infantil no Porriño para "favorecer a conciliación"

A Concellería de Igualdade do Porriño organiza unha nova actividade dirixida aos rapaces e rapazas de 3 a 12 anos de idade co fin de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral. Terá lugar entre o 14 de agosto ao 8 de setembro en horario de mañá, de 9 a 14h.

Esta actividade desenvolverase dentro do proxecto “Medidas de impulso por unha mellora na búsqueda de emprego e incorporación ao mercado laboral das mulleres con cargas familiares” cofinanciado pola FEMP e IMS, no marco do convenio suscrito o 31 de marzo de 2023.

Inscrición

O prazo de inscrición abrirase o vindeiro mércores 2 de agosto, ás 09:00 h, e pecharase o día 8, tamén ás 09:00 h. Así, a folla de inscrición estará a disposición dos interesados na páxina web do Concello a partir deste martes, 1 de agosto.

Unha vez presentadas as solicitudes, a listaxe de admitidos publicarase na mesma web o día 9 de agosto. Ollo: as prazas están limitadas a 50 participantes e «a selección realizarase previa baremación por orde de rexistro de entrada», tendo prioridade as nenas e nenos empadroados no Porriño.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.