Este sábado estrea unha ruta teatralizada inspirada en “A praia dos afogados”, a novela coa que Domingo Villar retratou Nigrán. A ruta que organiza Teatro do Ar coa colaboración da Cooperativa Somos Terra, comezará en Monteferro, concretamente na rúa de Portocelo (https://goo.gl/maps/4K4pBaUEb588xGsv9), e rematará no porto de Panxón.
Inscrición
É totalmente gratuíta e pódese facer AQUÍ. Ollo: só hai 25 prazas. As persoas que participen terán que levar obrigatoriamente unha lanterna e un chaleco reflectinte. Ademais, tamén é preciso lembrar que a ruta non é circular e que terá unha duración aproximada de 1.30 – 2 horas.
Inspirada nos acontecementos e persoaxes do libro
Dende Teatro do Ar explican que a ruta estará inspirada nos acontecementos e personaxes do libro, pero que non é a mesma historia. “Queremos coller a esencia que nos agasallou Domingo Villar para levar a xente a súa obra a través dos segredos da ruta”, explica. As persoas que participen na ruta deberán adiviñar cal dos personaxes que os van acompañar é o verdadeiro asasino ou asasina dun mariñeiro.