Comarcas Vigo al minuto

Empeza este venres, en Patos, o ‘Verán de Ioga e meditación’

Ás 20:30 e sen necesidade de inscrición

A praia de Patos e o solpor volven a unirse este verán á práctica do ioga para, xuntos e en harmonía, acadar a paz física e espiritual. Deste xeito, o gran mestre internacional Madhana, pioneiro nesta disciplina en España, introductor en Galicia e fundador e director do Centro Sananda en Vigo, retoma estas sesións organizadas polo Concello de Nigrán este venres 21 de Agosto ás 20:30 horas (na propia area, ao carón do posto de Protección Civil). As seguintes citas serán os mércores 26 de Xullo, e 2 e 23 de Agosto, respectivamente, sempre ás 20:30 para que coincidan no solpor.

Clase iniciática

O célebre yogui realizará unha demostración e posterior clase iniciática gratuíta aberta a toda aquela persoa que desexe participar, non sendo preciso inscribirse previamente, tan só presentarse cunha toalla ou esterilla, botella de auga e protección solar.

«Queremos de maneira desinteresada e altruista ofrecer este encontro na busca de maior equilibrio entre mente e corpo. Non existe outro beneficio que o do ioga mesmo, por iso animamos a toda aquela persoa interesada a que acuda», invita Madhana Agulla.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.