Comarcas Vigo al minuto

O Concello de Baiona reforza o baldeo das rúas e a limpeza

Comezando polo Casco Vello

O Concello de Baiona vén de reforzar os servizos básicos de limpeza e baldeo intensivo no municipio. Así, durante os últimos días, un equipo integrado por varias persoas está a traballar co apoio da máquina varredora e máquinas de baldeo a presión para mellorar a limpeza viaria.

Jesús Vázquez Almuíña, alcalde de Baiona, sinala que «estamos a traballar intensamente para dar maior resposta á veciñanza en materia de limpeza e, ao mesmo tempo, mellorar a imaxe de Baiona». Para iso informou que «dentro deste novo plan de baldeo e cepillado, xa se levou a cabo no Casco Vello así como nos distintos canellóns que dan acceso ao mesmo desde a Rúa Elduayen. A maquinaria tamén pasou por Santísima Trindade e realizouse un baldeo mixto na propia Rúa Elduayen».

Así mesmo, indicou que «son uns traballos que están a dar bastante resultado e que aos poucos irá chegando a outras zonas do concello”, á vez que pediu “paciencia” á cidadanía, debido a que de maneira progresiva irase cubrindo as necesidades do municipio.

O rexedor baionés tamén solicitou a «colaboración do sector da hostalería e da cidadanía en xeral para que as rúas permanezan limpas», para o goce de todos os veciños e veciñas o máximo tempo posible. “Unha Vila coas rúas limpas é fundamental para a propia hixiene da mesma e que todos a veciñanza poida gozar do noso municipio nas mellores condicións e tamén para aquelas persoas que nos visitan e vanse cunha boa imaxe da nosa localidade”

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.