Galicia Vigo al minuto

Correos abre este sábado en toda Galicia e o domingo nas sete cidades e Sanxenxo

Para garantir o dereito ao voto…en contra da insinuación de algúns dirixentes políticos

Correos abre este sábado en toda Galicia e o domingo nas sete cidades e Sanxenxo

Para facilitar o exercicio do dereito ao voto- e en contra do insinuado por algún dirixente político- Correos reforza os seus horarios, ata o xoves día 20. Ademáis, só en Galicia, a compañía asinou 1.417 contratos laborais para garantir todos os trámites electorais.

150 oficinas

Por iso, hoxe están abertas a práctica totalidade das 150 oficinas que hai na nosa Comunidade, en horario de 09:00 a 14:00h. Ademais, este domingo, día 16, abrirán as de A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Vigo e Pontevedra. A elas súmase a do turístico concello de Sanxenxo. O servizo será, tamén, de 09:00 a 14:00h.

O luns en concellos onde é festivo

Estas medidas súmanse á apertura de Correos o venres, día festivo en Rianxo, e este luns, nos concellos onde tamén o é: Arzúa, As Pontes, Camariñas, O Grove e Salceda. Por certo: o horario é tamén de 09:00 a 14:00h.

También te puede interesar