Comarcas Vigo al minuto

O ‘Nigranbus’ a primeira liña de praia este verán

Un veciño de Chandebrito chega en 33 minutos directamente a Praia América

O 'Nigranbus' a primeira liña de praia este verán

Á praia, en bus. Baixo esta premisa o Concello de Nigrán promove o ‘Nigranbus’ este verán como a ‘primeira liña de praia’ na historia do municipio. Así, co fin de concienciar á cidadanía das múltiples vantaxes que supón o seu uso, o Concello ven de estrear en redes unha micro-obra de teatro protagonizada por Trombón (Sergio Trabazos) e Trompeta (Pedro Rodríguez), ambos pallasos de Teatro do Ar que fan unha pausa nunha actuación en Camos para ir a Praia América, un en coche e outro no Nigranbus. Quen chegará primeiro?

Rápido, seguro, sostible e sen necesidade de buscar aparcamento

«Ten todas as vantaxas: é máis rápido porque chegas sen necesidade de buscar aparcamento, resulta máis barato porque está bonificado e, sobre todo, é máis sostible medioambientalmente», explica o alcalde, Juan González. Así, esta liña 100% municipal que comezou a funcionar a finais do ano pasado co fin de acabar coa desconexión histórica das parroquias do interior e que incluso é gratis para os menores de 21 anos coa tarxeta de transporte metropolitano.

Un veciño de Chandebrito pode coller o Nigranbus ás 16:15 horas na súa parroquia e 33 minutos despois estar pisando a area de Praia América se baixa na parada do Faro de Canido (ante a Oficina de Turismo de Gaifar). Para regresar podería coller neste mesmo punto o Nigranbus das 20:40 horas. As opcións son varias, porque se lle suma 5 minutos máis de traxecto pode ir a Prado ou Patos. Toda a información e horarios están pendurados en:  www.nigran.es/nigranbus.

Sen depender do transporte privado

«O Nigranbus é un servizo municipal de carácter social que ten a capacidade de transformar a vida de moitas persoas do interior, especialmente os maiores, que a día de hoxe dependen 100% do transporte privado para calquera asunto. Ir á praia con comodidade e sen depender de transporte privado e un dos centos de plans ou recados que facilita o Nigranbus á veciñanza. Cumpre así unha demanda ancestral», comenta o alcalde. González lembra que de luns a venres comunica o interior cos núcleos urbanos de Panxón, A Ramallosa, Nigrán e Porto do Molle.

O servizo consta dunha liña Chandebrito-Priegue e viceversa que permite ao cidadáns de calquera parroquia do interior achegarse en máximo 45 minutos aos centros de saúde ou conectarse co autobús cara a Vigo-Baiona, con especial atención ao horario de enlace coa liña ao Hospital Álvaro Cunqueiro, Povisa e Universidade (todas estas posibilidades non existían, dependían de transporte privado ou taxi).

Ademais, permite que os viaxeiros se beneficien da Tarxeta de Transporte Metropolitano, é dicir: serán gratis os transbordos e todo para menores de 21 anos ou haberá as mesmas bonificacións a estudantes, xubilados ou desempregados (sen estes descontos sería 1,55 €).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.