Destacados Vigo al minuto

Servicio especial de Vitrasa para as Festas de Bouzas

Esta fin de semana

Servicio especial de Vitrasa para as Festas de Bouzas

Con motivo da celebración das festas de Bouzas, o venres 14 e o sábado 15 de xullo Vitrasa habilitará como é habitual un reforzo da liña nocturna (N1) para dispoñer dunha frecuencia de paso nesta fin de semana de 25 minutos (entre liña e reforzo).

Os itinerarios a realizar serán os seguintes: N1 (Avda. Europa – Avda. Castelao – Pza. América – Camelias – Venezuela – Gran Vía – Urzáiz- Príncipe – Trav. Vigo – Buenos  Aires – Sanjurjo Badia – García Barbón – Policarpo Sanz – Velázquez Moreno – García Olloqui – Cánovas del Castillo – Beiramar – Gaiteiro Ricardo Portela – Torrecedeira – Praza Eugenio Fadrique – Tomás Alonso – Camilo Veiga – Avda. Atlántida – Avda. Samil.). R1 (Camilo Veiga – Tomás Alonso – Pza. Eugenio Fadrique – Coruña – Camelias – Venezuela – Gran Vía – Urzáiz/Príncipe – Urzáiz – Travesía de Vigo – Dr. Canoa (San Lourenzo) – García Barbón. Volta: García Barbón – Colón – Urzáiz – Gran Vía – Venezuela – Pza. do Rei – Camelias – Pza. América – Avda. Castelao – Tomás Paredes – Camilo Veiga).

Para acudir ás festas en horario diurno, os usuarios contan coas liñas da rede habitual con paso por Bouzas: C3, 10, 13, 15B, e 15C.

Fogos artificiais

Por mor dos fogos artificiais, o domingo 16 de xullo as liñas que teñen paso por Bouzas estarán reforzadas. Co remate do espectáculo pirotécnico (a partir das 23:45h e ata as 01:00h.) disporase dun servizo especial que funcionará cunha frecuencia de 15 minutos.

Este será o percorrido: Camilo Veiga – Tomás Alonso – Pza. Eugenio Fadrique – Coruña – Camelias – Venezuela – Gran Vía – Urzáiz – República Argentina – García Barbón – Sanjurjo Badía – Buenos Aires – Travesía de  Vigo – Pizarro – Pza. España – Gran Vía.

A información completa sobre percorridos e horarios detallados está dispoñible como de costume en vitrasa.es e Vigo App.

También te puede interesar