RGPD - Cookies
Destacados Vigo al minuto

O BNG pide amparo da Valedora para poder acceder a 41 expedientes do Concello sobre o concerto de Guns N’Roses

Ata hoxe so se coñeceu un deles

Muchas 'Guns' y pocas 'Roses'

O voceiro municipal do BNG vén de anunciar que o seu grupo pediu amparo á Valedora do Pobo para poder ter acceso a 41 expedientes municipais relacionados co concerto de Guns N’Roses en Vigo.

Xabier P. Igrexas, sinalou hoxe que xa socilicitara eses expedientes o pasado 12 de xuño, hai preto dun mes, e que o Goberno municipal só lle remitiu un. Igrexas insiste en que o alcalde responda se «houbo algún acordo previo, tácito ou expreso» para traer á banda á cidade. Se así fose, Igrexas, que cualifica este feito e «moi grave», quere que se aclare a clase de patrocinio comprometido; cal era o seu obxecto e , como xa adiantara o pasado día 12, se foi así, saber quen deu as instrucións para realizar o mesmo. 

A produtora asegurou que houbo un compromiso do alcalde

O concelleiro do BNG lembra que as propias produtoras, nunha nota enviada aos medios de comunicación, recoñocía «un compromiso adquirido personalmente por parte do alcalde de Vigo». Live Nation España e Sweet Nocturna avanzaban ademais «as accións a tomar contra o Concello de Vigo e o seu alcalde, abranguendo aquelas xurídicas e legais, para que eseas malas prácticas, arbitrarias, non ocorran de novo, polo ben do sector». Tamén convocaban a unha rolda de prensa que, días máis tarde, quedou posposta sen data.

Houbo acordo previo?

Esa é a pregunta que os xornalistas fixeron, unha e outra vez, ao alcalde, nunha tensa rolda de prensa, o pasado 29 de xuño. Abel Caballero non a respostou, limitándose a asegurar que o concurso para ese patrocinio- por importe de 1,9 millóns e que finalmente quedou deserto- fixérase «como dixeran os técnicos».

También te puede interesar