Vigo al minuto

A nova Escola Infantil da Cidade da Xustiza será privada

Abrirá en setembro e terá 41 prazas

Ecoloxistas en Acción denuncia penalmente en Vigo o "vertido contaminante" da cidade deportiva do Celta 

A Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (FOANPAS) vén de denunciar o que cualifica como “novo ataque contra o ensino público” que, engade, “unha vez máis encamiña ás escolas galegas cara a un modelo privatizador”.

Refírese nunha nota enviada aos medios de comunicación, á privatización da Escola Infantil da Cidade da Xustiza de Vigo. A mesma, que contará con 41 prazas para o primeiro ciclo de Educación Infantil (de 0 a 3 anos) e que abrirá as súas portas en setembro, “será de xestión privada”. Así o publica a Axencia Galega de Servizos Sociais (AGASS) da Consellería de Política Social, a través dun procedemento de tramitación urxente para a contratación do Servizo de Xestión, Dirección e Administración da mesma.

Calidad de ensino e garantías das traballadoras e traballadores

“Deste xeito -engaden dende FOANPAS- non soamente se ve afectada a calidade do ensino, senón tamén as garantías das traballadoras e traballadores, tanto no acceso aos postos de traballo coma nas condicións laborais que,
no caso da Educación Infantil (un sector no que as mulleres representan máis do 95% da forza laboral), vense considerablemente mermadas cando dependen dunha empresa privada, como xa acontece no caso das
Escolas InfantísMunicipais de Vigo, nas que tamén se establecen concesións con entidades privadas
“.

FOANPAS insiste na necesidade dunha escola infantil de calidade, na que non exista un beneficio económico que prevaleza sobre a calidade do ensino. “Por isto, esiximos que este servizo sexa de xestión pública”.

También te puede interesar