Comarcas Vigo al minuto

O Concello de Nigrán abre un novo ‘leiraparking’

Dispón de 1.200 m2 e atópase na rúa Vilaméan

O Concello de Nigrán abre un novo 'leiraparking'

O Concello de Nigrán diporá ao longo desta fin de semana dun novo leiraparking público e gratuíto ante o cese do alugueiro do actual na rúa Torriña. Este outro aparcadoiro dispón de 1.200 m2, atópase na rúa Vilaméan (a menos de 200 metros da Casa Consistorial e onde se situaba precisamente o primeiro leiraparking municipal que tivo o Concello) e estará finalizado esta fin de semana.

Os donos do anterior pedían subir o alugueiro de 6.137 a 25.000 euros ao ano

«Quedaba a posibilidade de continuar un ano máis co contrato prorrogado pero os donos esixían unhas novas condicións económicas que o Concello non pode asumir», xustifica o alcalde. Juan González apunta que a petición de suba dos propietarios era de 6.137€/ano a 25.000€. Este leirapaking da rúa Torriña pechou as súas portas hoxe mesmo ao reclamar os propietarios en tempo e forma a rescisión da prórroga e ofrecerlle ao Concello unhas novas condicións económicas que cuadriplicaban o prezo tasado que se asinara no contrato do 4 de xuño de 2020 (cando comezou a funcionar). «Lamentamos as molestias que ocasionará este peche durante esta semana, tiñamos a esperanza de que aceptasen a nova prórroga pero non foi así e, por sorte, dispomos de alternativa nun espazo municipal igual de céntrico», explica González.

Tamén na Ramallosa

Este leiraparking súmase ao aparcadoiro público e 100% gratuíto da Ramallosa (rúa Argonautas, ao carón da piscina) que o Goberno local conseguíu remunicipalizar mediante a súa xestión directa e abrir en xaneiro de 2022 tras 5 anos pechado. Ademais, o rexedor subliña o Nigránbus como outra medida de mobilidade sostible, operando por vez primeira este verán e que conecta as parroquias do interior cos principáis núcleos urbanos, «unha medida que busca precisamente que deixemos o coche na casa e nos movamos en transporte colectivo», sintetiza.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.