RGPD - Cookies
Destacados Vigo al minuto

O paseo que rodea a capela da Guía leva máis dun ano pechado

Tampouco hai iluminación adecuada e a vista sobre a ría está tapada

O paseo que rodea a capela da Guía leva máis dun ano pechado

A Asociación Veciñal de Teis, denuncia o paseo que rodea a capela da Guía leva máis dun ano pechado. Os veciños engaden que «esta decisión tomouna o Concello de Vigo, seica polo mal estado de conservación do mesmo, pero despois dun ano, non houbo ningunha actuación» .

Este paseo inaugurouse no ano 1969 e dende aquela «careceu dun mínimo mantemento por parte dos diferentes gobernos municipais». Na actualidade, apuntan, a veciñanza ou os  visitantes, cando chegan ao alto da parque da Guía, atópanse con todo valado, coa beirarrúa cortada e teñen  que usar a estrada para pasar.

Por iso, desde a Asociación, esixen ao Goberno municipal a elaboración dun proxecto urxente e prazos, para acondicionar este  paseo. «Estamos a falar dun dos parques máis importantes da cidade e un referente turístico, non é aceptábel que se atope neste estado e se ningún dato que indique que isto vaise acondicionar en breve».

Iluminación, aseos, autobús turístico

En decembro de 2021, o alcalde anunciaba o proxecto de mellora da iluminación do parque da Guía, cun investimento de 395.000 euros. Despois de 18 meses, esta actuación non se realizou. Ademais, o parque carece dun simple aseo e, un ano máis, o parque da Guía, tamén queda  esta excluído do itinerario do bus turístico.

«Desde a Asociación, dirixímonos en repetidas ocasións ao Concello, pero non tivemos ningunha resposta», sinalan os representantes veciñais.

Darlle valor

«Non é a primeira vez que nós últimos anos denunciamos o desleixo do Goberno municipal en relación co parque». Así, apuntan, os veciños advertiron da presenza de arbores invasoras (eucaliptos, acacias) que impiden gozar dunha parte importante das vistas sobre a ría de Vigo; o feito de que non haxa unha cafetería; que non se abra a carballeira ou que non se habilite un parque infantil. Todos estes feitos «deixan clara a falta de interese do Goberno municipal».

También te puede interesar