Destacados Vigo al minuto

O BNG denuncia que Caballero négase a constituír a Comisión de Vixilancia da Contratación

“Incumprindo a lei”

Aprobadas as bases para oposicións ao Concello dos anos 2020, 2021 e 2022

O Bloque Nacionalista Galego denuncia que o Goberno de Abel Caballero “incumpre a lei negándose a constituír a Comisión de Vixilancia da Contratación”, obrigatoria en base ao Regulamento Orgánico do Pleno e á normativa estatal.

Así quedou en evidencia, sinala o voveiro do BNG, este luns no Pleno de Organización do Concello de Vigo. No mesmo, o grupo socialista rexeitou os catro votos particulares formulados polo Bloque para “democratizar” a proposta do Goberno municipal, que impuxo sen diálogo coas forzas oposición un funcionamento que non garante un reparto “proporcional e xusto”.

“Que é o que quere esconder Abel Caballero?

“Que é o do que non quere que nos enteremos a oposición?”, interpelou Xabier P. Igrexas na sesión de hoxe, logo da negativa a constituír esa Comisión de Vixilancia da Contratación. Así, o” voceiro nacionalista advertiu de que esa decisión “supón vulnerar novamente a lexislación, como ocorreu no mandato anterior”, restrinxindo a capacidade da oposición para fiscalizar as contratacións. “Se cadra teñen algo que meter debaixo da alfombra“, alertou.

‘Paseo militar’

Igrexas creticou que dende o inicio da sesión plenaria o grupo socialista quixera convertela nun “paseo militar” para evitar o debate. “Terá o alcalde algún tipo de selfie en axenda para que non queira que este Pleno se desenvolva coa mesma normalidade que noutras ocasións“, ironizou Igrexas. Nese sentido, criticou que o alcalde tentara limitar o tempo de intervención do portavoz do BNG a 2 minutos que, tras a protesta e ser corrixido polo Secretario municipal, se mantivo nos 5 minutos que estabelece o regulamento.

Sin nomear os representantes na Xerencia de Urbanismo, IFEVI ou Zona Franca

Dende o BNG lamentaron tamén que o grupo socialista deixara fóra da orde do día do Pleno de Organización, que se convocou sen ter celebrado a preceptiva Xunta de Voceiros, algunhas cuestións da “maior relevancia” para a cidade, como a designación de membros para diferentes órganos como a Xerencia Municipal de Urbanismo, o Ifevi, a Zona Franca ou os padroados dos museos Marco e Quiñones de León, entre outros. Unha omisión que motivou un escrito da fronte nacionalista reclamando a súa incorporación nos asuntos a aprobar ao que Abel Caballero limitouse a contestar cun “tomamos nota”.

“Rodete antidemocrático”

Igrexas asegurou que este Pleno constatou como “o Goberno de Abel Caballero impón o rodete antidemocrático” na organización do Concello, tal e que advertira o propio BNG nos pasados días. “O grupo de Goberno non tivo a máis mínima intención de dialogar para garantir uns mínimos democráticos no funcionamento do Concello, que respecten a pluralidade das viguesas e dos vigueses expresada nas urnas 28 de maio”, cuestionou.

Nesa liña, lembrou que “o Concello non é do grupo de Goberno” e asegurou que o papel fundamental que xoga a oposición queda restrinxido con este reparto. Así, mentres o grupo socialista disporá de 5 mocións por Pleno, o conxunto da oposición tan só poderá formular 2.

También te puede interesar