Comarcas Vigo al minuto

Nigrán abre o prazo para pedir as axudas para a compra de libros e material escolar

Dende este luns ata o día 21

Nigrán abre o prazo para pedir as axudas para a compra de libros e material escolar

O Concello de Nigrán abre, do 3 ao 21 de xullo, o prazo para solicitar axudas municipais  para a adquisición de libros de texto e/ou material escolar no curso 2023/24 (bases publicadas no BOP de 30 de xuño). A contía  é de 65€ por cada estudante e mantense o requisito indispensable de que os beneficiarios sexan unidades familiares empadroadas no municipio e con fillos matriculados en centros públicos de Nigrán en Educación Infantil no curso 2023-2024.

Os beneficiarios deben estar ao corrente do pago das taxas e impostos municipais e non superar o límite de recursos establecido.

También te puede interesar