RGPD - Cookies
Galicia Sucesos

Fin de semana sen mortes nas estradas galegas, nas que houbo 73 feridos

O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros: 24

Fin de semana sen mortes nas estradas galegas, nas que houbo 73 feridos

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 73 persoas debido a 56 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 30 de xuño, ata as 12 menos un minuto do domingo 2 de xullo.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas, foron 70. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 4 accidentes; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 64 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria, prestaron asistencia sanitaria en 2 accidentes.

En 59 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 14 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente

También te puede interesar