Galicia Vigo al minuto

Preto de 10.000 persoas chamadas, hoxe, a participar nas oposicións da Xunta

Para 195 prazas

O DOG publica hoxe a convocatoria de 487 prazas de emprego público de acceso libre

A Xunta iniciar hoxe con normalidade as oposicións para 75 prazas no Corpo Superior da Administración autonómica (A1). Así, a porcentaxe de participación nos exames que se celebran esta mañá no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda, é do 52%. A estas probas estaban convocados un total de 1.572 aspirantes dos que finalmente se presentaron 822.

Pola tarde, ás 16,00h, realizaranse os exames para 120 prazas do Corpo auxiliar (C2) no que están chamados a participar máis de 8.700 opositores.

Operativo de seguridade

Un operativo formado por preto de 280 persoas controla que todos os procesos selectivos se desenvolvan de xeito correcto e con total seguridade. O recinto dispón tamén dunha ambulancia, habilitada pola Administración galega para atender calquera incidencia que se puidese producir durante a realización das probas.

También te puede interesar