Destacados Vigo al minuto

Os servizos de limpeza retiraron máis de 2 toneladas de lixo das praias, en San Xoán

Moito menos que outros anos

Os servizos de limpeza retiraron máis de 2 toneladas de lixo das praias, en San Xoán

Con motivo da celebración de San Xoán do pasado venres, o Concello de Vigo e FCC puxeron en marcha un dispositivo especial de limpeza de praias, integrado por 3 brigadas, 32 profesionais e 15 vehículos -entre tractores, baldeadoras e camións-.

Pois ben, como indican dende a concesionaria, os integrantes deste dispositivo de limpeza retiraron das praias da cidade máis de 2 toneladas de lixo e descargáronas na ecoplanta de Guixar para a súa reciclaxe.

Esta cantidade é moito menor que a que viña recolléndose anos atras, cando os servizos de limpeza chegaron a retirar, algunha vez, 100 toneladas de refugallos. Ademais, este 2023, como xa ven sucedendo dende hai tempo, o Concello prohibira as fogueiras nas praias, parques e xardíns. Ao mesmo tempo, 39 axentes operativos da Policía Local reforzaron o dispositivo de vixilancia.

También te puede interesar