Cultura Vigo al minuto

Este martes, no Castelo de Soutomaior, ‘Tras as ameas’, espectáculo de música e danza

Empregaranse auriculares para experimentar a música desde o silencio

Xogo de escapismo e videomapping, no Castelo de Soutomaior, para gozar de “O Noso Nadal”

O castelo de Soutomaior acolle este martes, 27 de xuño, a estrea dunha nova edición de ‘Tras as ameas’, o programa cultural e familiar da Deputación de Pontevedra que abrangue unha diversa oferta de actividades dirixidas a todos os públicos.

Así, o concerto inaugural está a cargo de Javier Otero e Rut Balbís, leva por título ‘Escoitando o silencio’ e terá lugar ás 21:00 horas. ‘Escoitando o silencio’ será un concerto ao solpor de música accesible con piano, danza e
auriculares silent system
, unha experiencia diferencial en todo o espazo do xardín da fortaleza que, mediante o uso da tecnoloxía sen cables, suporá un exercicio sen precedentes dentro deste proxecto innovador.

Nel, Javier Otero e Rut Balbís farán unha proposta artística baseada na intervención musical co obxectivo de que o silencio perdure na contorna, de xeito que o concerto de piano e electrónica con auriculares de última xeración transcorra respectando ese silencio.

A bailarina Rut Balbís interpretará unha coreografía creada expresamente para este espazo, na que se interactuará co público e co xardín na procura de experimentar a música en directo desde o silencio.

13 accións

‘Tras as ameas’ está composto por 13 accións entre concertos, obradoiros, contacontos ou espectáculos escénicos que inclúen maxia e circo e que se prolongarán ata o 29 de agosto. Estarán divididas en cinco bloques: Noite no castelo (accións nocturnas); Música con historia (concertos para público familiar); Nin príncipes nin princesas (contacontos); O teatro vén de visita (teatro de rúa); Creando no xardín (obradoiros participativos de arte); Vaia circo este castelo! (espectáculos de circo exterior) e Entre muros de maxia! (espectáculos de maxia).

Prazas esgotadas en 5 actividades

Cinco destas 13 actividades teñen xa as prazas esgotadas: o obradoiro de arquitectura ‘Re-coñecendo o Castelo’ de Taller Abierto, o 4 de xullo no castelo de Sobroso; o taller de natureza e creatividade ‘Explorando a paisaxe’ tamén de Taller Abierto, o 6 de xullo no castelo de Soutomaior; o espectáculo de maxia ‘Rock ‘n’ magic’ do Mago Teto, o 20 de
xullo en Soutomaior; ‘As palabras perdidas’ de Inventi Teatro, o 27 de xullo en Soutomaior; e as actividades de circo ‘Glamping’ de SU.MA., o 3 de agosto en Soutomaior.

…e con prazas libres noutras 8

As actividades para as que aínda quedan prazas dispoñibles son as seguintes: o obradoiro ‘Frida’ da compañía A Cova das Letras, o 13 de xullo no castelo de Soutomaior; o espectáculo nocturno ‘Caldo’ a cargo de María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz e pandereta) e Pedro Fariñas (guitarra e gaita) o 18 de xullo en Sobroso; o concerto ‘Silforiña’
da compañía Golfiños o 1 de agosto en Sobroso; o concerto ‘Paxaro amigo. Músicas para a paz’ de Mamá Cabra o 10 de agosto en Soutomaior; o espectáculo circense ‘Nino & Mambrú’ de Nauta o 17 de agosto en Soutomaior; a actividade de maxia ‘Superheroe’ de Fran Rei o 22 de agosto en Sobroso e, finalmente, o obradoiro ‘Lingoreteira’ de Xarope Lulú en Sobroso.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.