Comarcas Vigo al minuto

Alcaldes e alcaldesas do PP incorpóranse á Deputación de Pontevedra

So faltan os tres representantes do Partido Xudicial de Vigo

O actual Goberno de Ponteareas executa en 4 meses a mesma porcentaxe de EDUSI que o anterior en ano e medio

O Partido Popular designou esta mañá aos deputados provinciais nos Partidos Xudiciais de Pontevedra, Tui e Ponteareas. No caso de Pontevedra, os deputados serán o líder do PP na cidade, Rafa Domínguez; o alcalde de Cerdedo-Cotobade e actual voceiro do grupo provincial, Jorge Cubela; a alcaldesa de Marín, María Ramallo; e a voceira do PP en Cuntis, Isabel Couselo que, no seu caso, compartirá mandato co alcalde de Portas, Ricardo Martínez, que ocupará o escano os últimos dous anos.

Tui

Polo que se refire ao Partido Xudicial de Tui os deputados provinciais serán os alcaldes do Porriño e da Guarda, Alejandro Lorenzo e Roberto Carrero, que neste caso compartirá escano con Lara Meneses, de Tomiño. Por último, en Ponteareas o deputado tamén rotará: os dous primeiros anos de mandato a deputada será Nava Castro, alcaldesa de Ponteareas, e os dous últimos, Pablo Castillo, alcalde de Covelo.

Marta Fernández-Tapias, unha das deputadas do Partido Xudicial de Vigo

Deste xeito, con estas designacións, que fixeron ao longo desta mañá os concelleiros do Partido Popular nas súas respectivas xuntas electorais, o PP ten practicamente pechado o seu Goberno. Só falta que mañá se designe a representación do Partido Xudicial de Vigo. Unha das tres persoas do mesmo será a nova voceira municipal popular, Marta Fernández-Tapias, quen tamén exercerá de vicepresidenta.

Nesta liña, Luis López, próximo presidente da Deputación de Pontevedra, asegura que, “estase formando a un equipo cos mellores perfís para ofrecerlle aos pontevedreses o mellor goberno provincial posible”. Un goberno que, como indicou hai uns días, centrarase en recuperar a súa eficacia para dar apoio e colaborar con todos os concellos da provincia”.

También te puede interesar