Destacados Vigo al minuto

Sílvia Pérez Cruz, a piques de esgotar as entradas para o seu concerto deste sábado en Vigo

Ainda quedan á venda en teuticket.com

A maxia da noite de San Xoán trasladarase o sábado ao Auditorio Mar de Vigo coa presentación do novo traballo de Sílvia Pérez Cruz. A artista catalá, Premio Nacional das Músicas Actuais no 2022, desgranará sobre as táboas do recinto vigués o seu sétimo traballo de estudio, «Toda la vida, un día»onde repasa as etapas da vida, desde o nacemento ao «renacemento», pasando pola mocidade, a madurez e a vellez.

Desde moi nova, Sílvia dedicábase a acompañar a seu pai en pequenos concertos na taberna «La Bella Lola» mentras cursaba estudos musicais desde os 4 anos. Estudos que cursou ata facerse profesional chegando a colaborar con artistas como Jorge Drexler, Joaquín Sabina, Macaco ou Kiko Veneno, entre outros.

Agora, uns cantos anos despois de publicar o seu primeiro traballo en solitario, «11 de novembre» (2012), Sílvia reaparece co seu álbum máis ambicioso ata a data, «Toda la vida un día», que representa unha nova etapa na súa carreira. Este disco leva xestándose desde 2020 e o seu xerme foi un poema de William Carlos Williams: «Aterrados / buscan una flor familiar donde guarecerse / y les asusta la inmensidad del campo». 

Este novo álbum, composto por 21 pezas nas que colaboran artistas como Natalia Lafourcade, Liliana Herrero, Salvador Sobral ou Rita Payés, conta diversas historias e á vez representa unha vida enteira: un círculo que empeza e se pecha, con 5 movementos/momentos: a infancia, a procura dos sons, a madurez, a idade adulta e o último, o renacemento

Así, estamos ante unha obra conceptual cuxa escoita seguida enriquécese ao comprender a historia que Sílvia Pérez Cruz presentará este sábado 24 de xuño no Auditorio Mar de Vigo ás 21.00 horasAs poucas localidades que quedan dispoñibles están á venda a través de www.teuticket.com

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.