Vigo al minuto

Os traballadores do Metal volven á rúa este martes

A manifestación rematará en Ifevi onde se celebra o Mindtech

El Metal firma un preacuerdo de convenio

Coincidindo co paro no sector do Metal, que terá lugar este martes día 20, as centrais sindicais convocan unha manifestación que rematará diante do IFEVI, onde se celebra o Mindtech (unha feira internacional da industria e das tecnoloxías metalúrxicas) que organiza a patronal Asime

A xornada reivindicativa iniciarase a primeira hora da mañá diante das empresas, para posteriormente desprazarse até os dous puntos dende os que ás 09:30 horas arrincarán as columnas que confluirán no IFEVI: a empresa Panelfa (avenida de Peinador, 74); pavillón Loureiro (camiño do Amaro, 71), nos arredores do recinto feiral. Na manifestación participarán ademais traballadores chegados tanto de Pontevedra como das comarca do Salnés e do Deza.

Sen acordo

A folga segue adiante, unha vez rematou sen acordo a xuntanza celebrada hoxe por iniciativa das patronais tras o éxito da primeira xornada de folga celebrada o pasado xoves día 15. A mesma supuxo a paralización do sector, con especial incidencia no naval.

O encontro de hoxe prolongouse dende as 09:00 até as 15:00 horas e pechouse sen acordo. Segundo os sindicatos, foi pola “negativa do empresariado a manter a cláusula de revisión salarial conforme ao IPC real; reducir a xornada anual en máis de oito horas e garantir a subrogación do persoal entre empresas privadas”.

Deste xeito, o secretario comarcal da CIG-Industria de Vigo, Xulio Fernández, incide en que estas tres cuestións “son esenciais” á hora de asinar un acordo que permita desbloquear o conflito. Neste senso, lembra que no caso de que a patronal “non reconsidere a súa posición e achegue unhas propostas que permitan dignificar as condicións laborais das persoas traballadoras do sector” desenvolveranse dúas novas xornadas de folga: este mesmo xoves 22 e para o vindeiro mércores 28.

También te puede interesar