Destacados Vigo al minuto

Nava Castro: 20 anos non son nada

Volve á Alcaldía de Ponteareas dúas décadas despois de ocupar o mesmo cargo

Nava Castro: 20 anos non son nada

A popular Nava Castro (Ponteareas, 1969) volve á Alcaldía do seu pobo 20 anos despois de ocupar o mesmo cargo. Este sábado, os 7 votos do Partido Popular e 1 de Independientes de Ponteareas – que entrará no Goberno municipal da man de Domingo Freitas- foron suficientes para garantir a súa investidura.

Ainda así…a que ata este 2023 fora directora xeral de Turismo da Xunta, está lonxe da maioría absoluta- 12 concelleiros– que permitirían gobernar con tranquilidade unha das corporacións máis diversificadas de Galicia.

A Alcaldía para o partido máis votado

Efectivamente, no Pleno de Ponteareas hai seis grupos políticos. Deles dous votaron por si mesmos: Alternativa Ciudadana de Ponteareas (ACIP), que obtivo 4 concelleiros nas pasadas Eleccións Municipais; e o BNG, que tiña a Alcaldía ata hoxe e que o 28M pasou de 9 a 6 representantes. A súa candidata, Cristina Fernández, logrou 9 votos: os 6 do BNG, 2 do PSOE e 1 de Ponteareas en Común. Pero, ainda así, non chegaron á maioría de 12, polo que a Alcaldía foi para a lista máis votada, a do Partido Popular.

Chegar a entendementos

Nava Castro asegurou, logo de prometer o seu cargo que “como alcaldesa dou a miña palabra de investir todos os esforzos posibles para chegar a entendementos con todos e cada un dos grupos políticos. Ademáis, comprometeuse a “ser a alcaldesa que quixera para min como veciña”. Por último, asegurou que tendería pontes con todos os proxectos e as ideas que beneficien a esta vila, “procedan de onde procedan”. “Se é bo para a veciñanza, será bo para este Concello e polo tanto, será tida en conta, non o dubidedes”, concluiu.

Te podría interesar