Destacados Vigo al minuto

Nava Castro: 20 anos non son nada

Volve á Alcaldía de Ponteareas dúas décadas despois de ocupar o mesmo cargo

Nava Castro: 20 anos non son nada

A popular Nava Castro (Ponteareas, 1969) volve á Alcaldía do seu pobo 20 anos despois de ocupar o mesmo cargo. Este sábado, os 7 votos do Partido Popular e 1 de Independientes de Ponteareas – que entrará no Goberno municipal da man de Domingo Freitas- foron suficientes para garantir a súa investidura.

Ainda así…a que ata este 2023 fora directora xeral de Turismo da Xunta, está lonxe da maioría absoluta- 12 concelleiros– que permitirían gobernar con tranquilidade unha das corporacións máis diversificadas de Galicia.

A Alcaldía para o partido máis votado

Efectivamente, no Pleno de Ponteareas hai seis grupos políticos. Deles dous votaron por si mesmos: Alternativa Ciudadana de Ponteareas (ACIP), que obtivo 4 concelleiros nas pasadas Eleccións Municipais; e o BNG, que tiña a Alcaldía ata hoxe e que o 28M pasou de 9 a 6 representantes. A súa candidata, Cristina Fernández, logrou 9 votos: os 6 do BNG, 2 do PSOE e 1 de Ponteareas en Común. Pero, ainda así, non chegaron á maioría de 12, polo que a Alcaldía foi para a lista máis votada, a do Partido Popular.

Chegar a entendementos

Nava Castro asegurou, logo de prometer o seu cargo que «como alcaldesa dou a miña palabra de investir todos os esforzos posibles para chegar a entendementos con todos e cada un dos grupos políticos«. Ademáis, comprometeuse a «ser a alcaldesa que quixera para min como veciña». Por último, asegurou que tendería pontes con todos os proxectos e as ideas que beneficien a esta vila, «procedan de onde procedan». «Se é bo para a veciñanza, será bo para este Concello e polo tanto, será tida en conta, non o dubidedes”, concluiu.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.