RGPD - Cookies
Destacados Vigo al minuto

César Gil pon fin a 40 anos de gobernos da dereita en Mondariz Balneario

Gobernará con maioría absoluta logo do que o BNG acadase 5 dos 7 concelleiros da Corporación

César Gil pon fin a 40 anos de gobernos da dereita en Mondariz Balneario

César Gil é xa novo alcalde de Mondariz Balneario. Terá maioría absoluta -con 5 dos 7 concelleiros– coa que pon fin a 40 anos de gobernos da dereita na man de José Antonio Lorenzo.

O pasado 28 de maio a veciñanza deu ao novo alcalde un apoio abrumador, 62% dos sufraxios o cal, apuntan dende o Bloque Nacionalista Galego, permitirá abrir un tempo novo no Concello. César Gil, Rosa Alcalde, Luis Bouza, Aurora Corbacho e Mauro Chivite, serán as persoas que integren o novo goberno de Mondariz Balneario polos vindeiros 4 anos.

Un resultado só equiparable ao das Eleccións de 1931

Un resultado que, apuntan dende o Bloque «é so comparable ao acadado no ano 1931, onde segundo as fontes da época, un magnífico éxito da democracia en Mondariz Balneario poñía ao fronte da corporación a todos os candidatos esquerdistas, 1 socialista e 7 concelleiros rexionalistas«. Agora, 92 anos despois, César Gil Bernardez é o primeiro alcalde nacionalista na vila.

Un PP «sen ideas e cun alcalde fora do seu tempo»

Maila a todo, o desgaste do PP xa se evidenciara no ano 2019: daquela, só 3 votos afastaron ao BNG de acadar a maioría. Foi un resultado electoral moi axustado e «baseado nun censo que presentaba pouca fiabilidade».

Así, os seguintes 4 anos de mandato do Partido Popular e de José Antonio Lorenzo, apuntan dende o BNG, «so fixeron afondar na súa inoperancia, e no desleixo dun alcalde e un grupo de goberno sen ideas e fora do seu tempo».

Agora, este resultado histórico, subliñan os nacionalistas «ven precedido dun traballo intenso e continuado no tempo, durante o cal os veciños e veciñas foron testemuñas dunha forma de facer política en positivo e a favor dos intereses do Concello de Mondariz Balneario».

A veciñanza, protagonista

Os novos responsábeis do goberno local subliña que «foi a veciñanza a protagonista principal das propostas e da confección dos programas electorais que presentou o BNG». Unhas propostas que, adiantan, abrírá o Concello á participación e a dignificación de vía pública.

Será un Concello profundamente democrático, fiel ao espírito galeguista da súa fundación no ano 1924. Así, hoxe, como trala independencia do Concello de Mondariz, «reafirma o seu compromiso con este tempo novo que se abre na vila balnearia».

También te puede interesar