Comarcas Vigo al minuto

En Ponteareas todo é posible

Podería gobernar a actual alcaldesa con 6 concelleiros do BNG e 2 do PSOE

En Ponteareas todo é posible

A menos de 48 horas para a constitución da novas corporacións, hai gobernos e alcaldías que están no aire. O lema da campaña de Marta Fernández-Tapias en Vigo case que cadra mellor en Ponteareas. Alí sí que todo é posible.

Así, agora mesmo non hai acordo entre os dous partidos que poderían garantir unha maioría absoluta no Pleno do Concello: o Partido Popular, que ten 7 concelleiros (+2) e Alternativa Ciudadana de Ponteareas (ACIP), que acadou 4 (=).

Nava Castro, candidata do PP, ofrece a ACIP a Tenencia de Alcaldía, concellerías de goberno e un programa conxunto…pero pon un límite: non compatirá a Alcaldía. «A Alcaldía non é un xogo de tronos», advirte. O PP segue tendendo a man a un acordo, pero apunta: «ACIP só ten dúas opcións, votar a favor de que Nava Castro sexa a próxima alcaldesa de Ponteareas e entrar no Goberno local, ou votarse a si mesmo e permitir un goberno en minoría».

Cal sería ese goberno en minoría?

Estaría encabezado pola actual alcaldesa en funcións, Cristina Fernández, do BNG, que acadou 6 concelleiros (-3) nas pasadas Eleccións. Contaría co apoio do PSOE, que ten 2 representantes (-1). Non se sabe que farían os concelleiros de Independentes de Ponteareas (1) e Ponteareas en Común (1).

Se fose así, en Ponteareas, o goberno tería que xestionar con 8 de 21 concelleiros, apenas unha terceira parte da Corporación.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.