Destacados Vigo al minuto

O PP propón a PSOE e BNG un goberno de coalición en Ourense para deixar fora a Jácome

O alcalde sería o popular Manuel Cabezas

O PP propón a PSOE e BNG un goberno de coalición en Ourense para deixar fora a Jácome

Sí, leiches ben: unha coalición PP, PSOE e BNG. Esa é a proposta que vén de facer Manuel Cabezas, candidato popular á Alcaldía de Ourense, para evitar que o actual rexedor, Gonzalo Pérez Jácome, líder de Democracia Ourensana, que gañou as Eleccións Municipais, siga a fronte do Concello.

O día 28 de maio, Democracia Ourensana logrou 10 concelleiros (+3); o Partido Popular 7 (=); o PSOE 6 (-3) e BNG 4 (+2), deste xeito a suma de PP, PSOE e BNG acaría a maioría absoluta no consistorio.

Esa ‘coalición’ que propón Cabezas situaríao a el como alcalde, cunha tenencia de alcaldía para os socialistas, outra para os nacionalistas e un reparto “equitativo” das concellerías. En concreto, habería 14 áreas no Goberno municipal das que 6 serían para o PP, 5 para o PSOE e 3 para o BNG.

También te puede interesar