Comarcas Vigo al minuto

O BNG impulsa as negociacións para que «non goberne o PP» en Salceda

Apoiaría a Loli Castiñeira en base a un programa negociado tamén co PSOE

O BNG impulsa as negociacións para que "non goberne o PP" en Salceda

O BNG en Salceda de Caselas considera que «a maioría social, manifestada nas urnas o 28 de maio co voto, é un mandato a comprometerse para que non goberne a dereita». Nas pasadas Eleccións Municipais o Partido Popular foi a forza máis votada e acadou 6 concelleiros (=); Movemento Salceda 4 (=); PSOE 2 (-1) e BNG 1(+1).

Á vista destes resultados, o Bloque impulsou conversas co PSOE e Movemento por Salceda, «manifestando o apoio á investidura sempre que haxa un compromiso para unha xestión municipal na que se poñan por diante os intereses xerais da veciñanza e procurar solucións aos problemas que nos últimos meses se puxeron de manifesto na atención a saúde e nos centros de ensino«.

Considera urxente abordar a problemática que vive Salceda en atención sanitaria (consultas médicas SOS Pediatría!) e equipamento escolar (dende o ensino infantil ao bacharelato); dada a condición de municipio con maiores taxas de natalidade e numerosa poboación infantil e mocidade.

Propostas

Sexa quen sexa a persoa que opte a desempeñar o cargo da Alcaldía de Salceda – que dacordo cos resultados debería ser a ex alcaldesa Loli Castiñeira, líder de Movemento Salceda-o BNG apoiará a investidura sempre que haxa un compromiso formalizado por escrito no que, ademais dos asuntos referidos antes, se teñan en conta os seguintes:

  • Fiscalidade.- Abordar revisión de taxas e impostos; en particular IBI e o relatorio de valores, con carácter xeral.
  • Xestión dos recursos económicos.- Comprometerse, con:
  • Transparencia na execución e absoluto cumprimento dos mecanismos de xestión que se establezan.
  • Compromiso de eliminación de todo gasto impropio (ex. Publicidade; axudas / subvencións a entidades externas, etc.).
  • Limitación da contratación de obra menor a 10.000 euros.
  • Limitación da contratación de servizos a 5.000 euros.
  • Servizos municipais.- Acabar coa privatización de servizos propios do Concello.
  • Axuda no Fogar (SAF).- Abordar a situación laboral e analizar en que condicións se presta o servizo.
  • Saneamento.- Comprometer o 25 % dos fondos de investimentos a proxectos e obras de saneamento.
  • Rede viaria propia.- Comprometer unha solución de circunvalación para O Barreiro e A Feira.
  • Rede de estradas da Xunta.-
  • Reivindicar solución definitiva ao cruce da Lagöela, con rotonda en superficie e recuperación do camiño que vén de A Lavandeira atéa rúa Lagöela, construíndo un paso subterraneo baixo a estrada.
  • Esixir mellora da beirarrúa dende o cruce da Lagöela até o IES Pedra Rubias, na travesía de Parderrubias, na marxe esquerda en dirección a Tui, no tramo coincidente co actual paseo peonil e “ciclista”; mediante o acondicionamento da beirarrúa en superficie e a nivel da actual estrada.  
  • Vivenda social.- Esixirlle á Xunta construción de vivendas socias nos terreos que dispón en Salceda, recuperando o Convenio asinado no 2008 coa Consellaría de Vivenda.
  • PXOM.- Impulso dos traballos para un plan xeral co compromiso de transparencia e coparticipación de todas as organizacións políticas do Concello.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.