Galicia Vigo al minuto

ACIP rexeita a tenencia de Alcaldía e as concellerías que ofrece o PP de Ponteareas

Nava Castro non desbota gobernar en minoría

ACIP rexeita a tenencia de Alcaldía e as concellerías que ofrece o PP de Ponteareas

Non hai acordo…aínda. Na segunda reunión da rolda de negociacións entre PP e ACIP para artellar un goberno en Ponteareas, as dúas formacións tampouco avanzaron.

Dende o Partido Popular aseguran que «lonxe de asumir os resultados das urnas – PP 7(+2); BNG 6(-3); ACIP 4 (0); PSOE 2(-1); IP 1(+1) PEC 1 (+1)e de continuar cunha negociación á altura da esixencia política, o grupo  de Juan Carlos González mostrouse inflexible e inmobilista rexeitando a proposta realizada polo PP, que oferta a tenencia de alcaldía e concellerías« para rubricar o acordo.

Así, apuntan os populares, nunha reunión que se prolongou arredor de media hora na sede do Partido Popular, o equipo de Nava Castro volveu a poñer sobre a mesa a intención de chegar a un acordo de estabilidade para a próxima lexislatura pero “de novo ACIP rexeitou seguir dialogando para formar goberno”.

Un acordo posible

Nava Castro confía  nas opcións de gobernar en coalición, e insta á responsabilidade de ACIP para «deixar a un lado os intereses personalistas» e antepoñer o ben común da cidadanía. “Hai  tempo dabondo  para pasar páxina e formar parte dun goberno forte, estable e solvente, en lugar de negarse a chegar a un acordo”.

O PP non desbota a opción real de gobernar en minoría o Concello ata 2027.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.